Friday 22 de November de 2024

O Concello destina 18.000 euros para apoiar a actividade dos clubs deportivos


· A proposta inclúese dentro do Plan Estratéxico de Subvencións que se aprobou en pleno.

· Sandra Insua explica que “o fomento do deporte é unha prioridade e estas entidades fan un traballo anual impagable que necesita do noso apoio”.

O goberno local de Camariñas aprobou a semana pasada o Plan Estratéxico de Subvención (PES) que rexerá durante o ano 2024 e que inclúe, entre outras, unha partida de 18.000 euros para apoiar a actividade dos clubs deportivos do municipio.

A axuda, que irá a parar para o Fútbol Club Camariñas, o Club Balonman Camariñas, o Club de Fútbol Porteño, a Sociedade Deportiva de Camelle e a Escola de Fútbol Concello de Camariñas Juan Cabrejo, ten o obxectivo de: financiar parte da adquisición do material deportivo e os gastos necesarios para a práctica do deporte, o incremento de persoas que se inscriban nas diferentes federacións, que se realice un maior número de competicións a nivel municipal e a realización de máis actividades e eventos.

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, explica que “o fomento do deporte é unha prioridade e estas entidades fan un traballo anual impagable que necesita do noso apoio”.