Sunday 24 de November de 2024

Os Concello de Oroso felicita a Saria Gacio, subcampioa galega cadete de Taekwondo


O Concello de Oroso felicita a Saria Gacio Cendal, veciña do municipio que vén de proclamarse subcampioa galega cadete de Taekwondo, modalidade combate, no Campionato Galego Cadete celebrado esta fin de semana no pavillón da Barraña (Boiro). Un torneo no que participaron 160 deportistas de toda Galicia, setenta delas mulleres, e no que a atleta orosá conseguíu tamén a clasificación para as preseleccións da selección galega que disputará o Campionato de España Cadete 2016.

Sara Gacio Cendal adestra e compite polo club Boudsport (Ordes) e baixo a dirección do seu adestrador Cristóbal Boudjenane, subcampión de Europa máster. No campionato disputado en Boiro, Sara gañou todos os seus combates con gran superioridade salvo a gran final que, tras un combate moi axustado, terminou por decantarse do lado da actual campioa de España cadete e gran favorita da proba, Ana Dosil Gago (Natural Sport Ribeira).

Con este subcampionato galego cadete, Sara Gacio asegurouse a clasificación para o Campionato de España de Taekwondo Cadete 2016, que aínda non ten nin a data nin o lugar de celebración pechados pero que a Federación Española de Taekwondo espera que poida ter lugar no próximo mes de marzo.