Chega á Pobra do Caramiñal un proxecto fotodocumental que se mergulla no proceso de cultivo dun dos produtos estrela da ría da Arousa: o mexillón.
Baixo o nome Barlovento, a artista Saínza Pardal retrata tódalas fases deste proceso dende un punto de vista conceptual e íntimo. Estas imaxes amosaranse ao público na casa da cultura Raquel Fernández Soler.
O acto inaugural será no 7 de xuño, ás 20.30 horas, e contará coa participación da propia artista na compaña da concelleira da Cultura, Patricia Lojo.
A entrada é libre ata completa-la cabida da instalación municipal.