Saturday 28 de September de 2024

Inauguración da mostra dos obradoiros municipais de pintura na Fábrica


O venres 7 de xuño ás 20:30h inaugúrase a mostra dos obradoiros municipais de pintura no Centro Cultural A Fábrica en Perillo.

A mostra permanecerá no Centro Cultural a Fábrica (Rúa do Inglés, 13, Perillo) desde o 7 ata o 21 de xuño para que todas aquelas persoas que o desexen poidan visitala en horario de 9:00 a 15:00 horas e 17: a 21:30 horas de luns a venres e de 10:00 a 13:30 horas, os sábados.