A delegada da Xunta, Belén do Campo, participou, esta tarde, no XXVII Campionato de España Infanta Elena J-80. A representante do Goberno autonómico destacou que “durante este fin de semana, a privilexiada baía coruñesa acolleu aos mellores barcos e aos mellores patróns de España na modalidade J-80. Esta categoría é coñecida pola súa desafiante e emocionante navegación, xa que estes veleiros están deseñados para ofrecer un rendemento excepcional nos que é preciso combinar velocidade, estratexia e habilidades na auga.
Belén do Campo lembrou que “a Xunta de Galicia aposta con decisión pola vela, tanto por medio do patrocinio de probas, como pola súa constante atención aos clubs náuticos, cuxo esforzo por popularizar este deporte merece o noso permanente aplauso e apoio”, e destacou que “para o Real Club Náutico da Coruña esta cita é unha das grandes da tempada”.