• Terá lugar o xoves, 6 de xuño, no Teatro de Beneficiencia ás 19:30 horas.
• A charla será impartida polo xinecólogo Pedro Manuel Beira Salvador.
O programa “Xornadas de achegamento dá medicina á poboación” do Concello de Ortigueira organiza o vindeiro xoves, 6 de xuño, un novo coloquio sobre o proceso trans.
A iniciativa, que terá lugar no Teatro de Beneficiencia ás 19:30 horas, ten como principais obxectivos informar á poboación sobre este tema e a súa complexidade, así como resolver as dúbidas que poidan chegar a ter todas as persoas asistentes á charla.
A formación será impartida polo xinecólogo do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol Pedro Manuel Beira Salvador e no seu programa contempla, desde un punto de vista social, cuestións como a definición dos conceptos xénero, sexo ou transexualidad, como afecta as relacións sociais e familiares ou como xestiona a Administración o proceso de transición e as leis que o avalan, entre outros temas.
Esta charla sobre o proceso trans permite achegar á poboación información acerca dun tema actual sobre o que existe un gran descoñecemento. Por esta razón, está dirixida a todo o mundo que queira coñecer un pouco máis sobre este asunto e a entrada é libre ata completar o aforo.