Friday 22 de November de 2024

NarArt -Asociación de Amigos del Arte de Narón- inauguraba esta tarde exposición colectiva de pintura e fotografía na Casa das Palmeiras


NarArt -Asociación de Amigos del Arte de Narón- inauguraba esta tarde exposición colectiva de pintura e fotografía na Casa das Palmeiras. A maioría dos artistas “debutaban” neste espazo, coa excepción de Sol Lamas e da nedense María Jesús Millarengo, que xa tiñan amosado algunhas das súas obras en mostras individuais previas. Xunto aos óleos destas dúas artistas, tamén poderemos ver as fotografías de Mayte López, e as pinturas de Beba Pereira, Jesús Victoria, Katy Martín e Crisanto Poveda. Estes dous últimos, traen a Neda algunhas obras con paisaxes da real vila. Unha exposición cunha gran variedade temática que esta tarde, tanto o presidente de NarArt, José Ignacio Dapena, como a concelleira de Cultura, Marián Bello, convidaban a visitar. A partir de agora, estará aberta ao público ata o 20 de xuño, de luns a venres de 18:00 a 20:00 h