Friday 22 de November de 2024

Un total de 150 alumnos de seis centros educativos galegos poñen en escena a Ópera ‘Le Ville’ de Puccini


O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, visitou os ensaios da ópera Le Villi, de Giacomo Puccini, que este sábado representan 150 alumnos de seis centros de ensino galegos. En concreto, trátase do Conservatorio Superior de Música da Coruña, da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña e os centros integrados de FP Imaxe e Son, Paseo das Pontes e Someso, os tres da Coruña.

O titular de Educación da Xunta felicitou aos estudantes polo excelente traballo desenvolvido nos diferentes ámbitos da representación. Non en balde, os centros levan a cabo desde a escenificación, iluminación e realización, ata o vestiario e complementos, pasando pola maquillaxe e perruquería, entre outros elementos. A obra conta tamén co apoio institucional do Centro Coreográfico Galego e do Centro Dramático Galego, do Concello da Coruña e da Orquestra Sinfónica de Galicia, que cede instrumentos.