Friday 22 de November de 2024

Aitor Bouza: “É fundamental que haxa unha Unión Europea de valores socialistas e democráticos”


O secretario xeral dos socialistas en Santiago animou á mobilización de cara ás eleccións europeas nas que “nos xogamos o futuro dos nosos europeos e a construción dunha Europa solidaria e dos dereitos”

Reivindica as políticas comunitarias, como os fondos de recuperación que contribuíron a financiar a depuradora da Silvouta ou a intermodal fronte “os homes de negro” dos tempos da austeridade da anterior crise económica

Os socialistas aceleran a maquinaria electoral de cara á cita coas urnas o próximo 9 de xuño para as eleccións europeas. O secretario xeral do PSdeG en Santiago, Aitor Bouza, participou este sábado nun reparto electoral na Praza de Abastos no que aproveitou para salientar o impacto que teñen as políticas europeas en Santiago: “as veces parece que Europa queda moi lonxe pero os fondos de Recuperación víronse na estación intermodal ou na depuradora da Silvouta, por exemplo”.

Así, fixo fincapé en outros proxectos que están en marcha e que quedaron encamiñados da etapa de Sánchez Bugallo, como o proxecto de renaturalización ‘Entre Sar e Sarela’ ou a rehabilitación dos polideportivos de Vite e Santa Isabel. Bouza insiste na necesidade de “achegar as políticas que se fan na UE á cidadanía porque realmente cambian a vida da xente”.

No reparto electoral, no participou tamén a vicesecretaria xeral, Marta Santullano, e outros membros da Comisión Executiva Municipal, Bouza advertiu ademais dos riscos de que a ultradereita chegue ás institucións europeas, para que non se perdan os valores da “cohesión, solidariedade e dos dereitos humanos” que son a xénese da propia UE.

Os dous modelos da Unión Europea

Bouza quixo ademais contrapoñer os “dous modelos” que se aplicaron en Europa para afrontar as recentes crises económicas. Fronte aos “homes de negro que apostaron polas políticas da austeridade” da crise do 2008 aos fondos europeos de recuperación que liderou o presidente Pedro Sánchez “e que tanto axudaron á vida da xente”.

Así, o secretario xeral dos socialistas en Santiago fai un chamamento á mobilización “porque nos xogamos o futuro dos nosos dereitos e a construción de esa Europa solidaria e dos dereitos”. Bouza conclúe asegurando que, “se non quixemos que Feijóo e VOX gobernaran, temos que impedir que a ultradereita se consolide en Europa”.

“Queremos dignificar o recoñecemento da Alba de Compostela e incorporalos nos cauces normativos do Concello”

O secretario xeral dos socialistas en Santiago referiuse ademais ás negociacións que se están levando a cabo para acadar un consenso sobre a celebración da Alba de Gloria. Bouza, insistiu en que os socialistas non están en contra dos recoñecementos senón que pretenden “dignificalos e incorporalos nos cauces normativos do propio concello”.

Nese sentido, asegura “non ter medo a coincidir co Partido Popular se realmente é o que levamos defendendo as e os socialistas”, aínda que insiste en que a moción conxunta presentada polos dos grupos -PP e PSOE- responde a unha “circunstancia moi particular e específica” para “defender con coherencia o que xa defendemos hai un ano”: se fose esa mesma a coherencia que aplica o PP co resto de proxectos cando gobernaban os socialistas, seguramente algúns dos proxectos parados non seguiríamos falando deles, como son a Casa da Xuventude, Peleteiro ou o contrato da auga”.