Friday 22 de November de 2024

Excarceración dunha persoa que quedou atrapada nunha furgoneta no lugar de Catroventos, no Concello de Santa Comba


Os bombeiros do parque comarcal provincial de Santa Comba participaron onte pola tarde nun operativo para excarcerar a unha persoa que quedara atrapada no seu vehículo tras impactar contra un camión na estrada de Catroventos, no Concello de Santa Comba.

Tras rescatar á persoa afectada cun taboleiro espiñal e un colchón de vacío, a persoa afectada foi trasladada ao C.H.U.S polo 061.

No operativo tamén participaron a Garda Civil de Tráfico de Corcubión, Policía Local, 061 e SMPC de Santa Comba.