Friday 22 de November de 2024

Camariñas abre o luns, 3 de xuño, a inscrición para as 648 prazas de obradoiros de tempo libre e as actividades acuáticas


· A oferta distribúese entre varias quendas ao longo do período estival.

· Habilitáronse formularios en liña para facer efectiva a preinscrición.

O Concello de Camariñas abrirá o luns, 3 de xuño, o proceso de inscrición nas 648 prazas ofertadas de obradoiros de tempo libre e actividades acuáticas para este verán.

A oferta repártese entre varias quendas ao longo do período estival e con máis peso para os obradoiros de tempo libre. Estes talleres de conciliación, para mozos e mozas nados entre 2009 e 2020, celebraranse en tres lugares de maneira simultánea: Camariñas, A Ponte do Porto e Camelle. En total, ofrécense 150 prazas por cada un das quendas.

O horario previsto é de luns a venres de 10:00 a 13:30 horas. A primeira das quendas arrincará o 2 de xullo e finalizará o 15 do mesmo mes. Do 18 de xullo ao 1 de agosto celebrarase a segunda quenda. Do 2 ao 16 de agosto a terceira e as actividades finalizarán cun tramo final do 19 ao 30 de agosto.

O proceso de preinscrición para estes obradoiros estará aberto ata o día 21 de xuño. Esta matrícula poderase formalizar de maneira telemática cun formulario ao que se accede a partir da ligazón ou o QR publicados na web do Concello ou as súas redes sociais e enviando o xustificante de pago a deportes@camarinas.net. Tamén de maneira presencial na oficina de Deportes municipal.

Por outra banda, o prazo para preinscribirse nas actividades acuáticas remata o 10 de xuño e pode formalizarse a través dos mesmos medios previstos para os obradoiros. Celebraranse no Club Náutico de Camariñas e contarán con dúas quendas: a primeira do 1 ao 12 de xullo; a segunda, do 15 ao 31 xullo. O número de prazas por quenda é dun máximo de 24. Están orientadas a persoas nadas en 2016 e anos anteriores.

En todas as actividades de verán promovidas polo Concello de Camariñas teñen preferencia os empadroados. No caso de recibir máis solicitudes destes que prazas ofertadas, realizaranse sorteos para a asignación final.

Formulario de preinscrición nos obradoiros de tempo libre: https://forms.gle/3xdFV6TtaVaTRGCS9
Formulario de preinscrición nas actividades acuáticas: https://forms.gle/uptDu8vrGs8GLQwb9