O alcalde de Laxe, Francisco Charlín, a concelleira de Turismo, Raquel Lema, e o edil de Obras e Servizos, Eulogio Constantino, participaron esta mañá na inauguración de Turexpo Galicia.
Ata o posto do Concello achegáronse o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e o vicepresidente, Diego Calvo.
Aquí puideron coñecer en profundidade as características do Naufraxio, declarado Festa de Interese Turístico de Galicia, e que homenaxea á xente do mar cada 17 de agosto.
O stand estará dispoñible ata este domingo, 2 de xuño, co obxectivo de destacar o valor turístico desta festividade única.