Thursday 21 de November de 2024

O Concello de Oleiros organiza unha ruta de desde a ría de Lires ata o cabo Fisterra


O Concello de Oleiros organiza unha ruta da Ría de Lires ao Cabo Fisterra enmarcada no programa Andares por Galicia, a cultura da natureza para o próximo sábado 15 de xuño.

O vindeiro sábado 15 de xuño terá lugar unha nova edición do programa Andares por Galicia, a Cultura da Natureza, organizado polo Concello de Oleiros, coa Ruta da Ría de Lires ao Cabo Fisterra.

As persoas participantes visitarán puntos como Ría de Lires, ZEC Costa da Morte, Praia do Rostro, Praia de Mar de Fóra, Cabo e Faro de Fisterra: para rematar cunha visita cultural ao castelo de Fisterra, Museo do Mar e a Pesca.

Este programa céntrase en descubrir as características máis importantes a nivel natural, social e cultural da nosa terra e xerar conciencia de coidado e protección do patrimonio natural e cultural. Así mesmo trata de promover a convivencia e a socialización do grupo de participantes nun ambiente aberto e favorecer hábitos saudables de ocio no medio natural.

A saída do 15 de xuño contará con 3 guías especializados/as e ofértanse 40 prazas dirixidas a persoas maiores de idade, cun prezo de 23,00 euros.

As preinscricións realizaranse preferentemente na Sede electrónica/catálogo de trámites/cultura a partir do martes 4 de xuño ás 10.00 horas. No caso de que algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na Fábrica en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas. Ocuparanse as prazas por rigorosa orde de solicitude e terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros.

Para obter máis información sobre esta ruta e o conxunto do programa é posible dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado no centro cultural A Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono 981 636 598 ou do correo electrónico r.caparros@oleiros.org.