Para facilitar o desprazamento a todas as persoas maiores de 65 anos que desexen participar na Romaría das Merendiñas que se celebra este sábado nos xardíns das Torres de Santa Cruz, haberá tres autobuses gratuítos que percorrerán todas as localidades do municipio. O percorrido dos autobuses comeza en todos os casos ás 12:30 h. As rutas serán as seguintes:
1.Serantes, Maianca, Dexo, Lorbé, Dorneda: Mera (Nai Pai), A Pista, O Cubo, A Torre, Igrexa de Dexo, A Escola, Broño, Igrexa de Maianca, O Regacho, Cabreira, Breixo, Arillo.
2. Perillo, Montrove: Centro cultural, Solana, Lucín, Beiramar, Che Guevara (adegas de viño), Parador.
3. Oleiros, Iñas, Nós: As Torres (parada de bus), A Cova, Campamento (parada do bus de Betanzos), O Piñeiro, Os Vilares, Chasqueira, Vilanova, Casa do Pobo de Nós, O Seixal, Alsina, Mesón da Auga, Cristo Rei, Oleiros (Policía Local).
En caso de ser necesario, o bus realizaría unha segunda volta para recoller a todas as persoas que quedasen sen praza.