Os bombeiros do parque comarcal provincial de Betanzos interviñeron a primeira hora da tarde de onte, mércores 29 de maio, nun operativo destinado á extinción dun lume que afectou a unha vivenda do lugar de Trasín, na parroquia sadense de Mondego.
O lume foi orixinado na cociña do fogar, e unha vez que chegaron os bombeiros xa fora practicamente apagado por medio dun extintor, o cal provocou que se acumulase unha gran cantidade de fume, sendo preciso o emprego dun ventilador para a súa extracción.
No operativo, que só lamentou danos materiais, tamén participaron a Policía Local de Sada e voluntarios de Protección Civil de Sada.