Friday 22 de November de 2024

A Xunta Local de Seguridade de Ortigueira establece as bases do protocolo do Festival Internacional do Mundo Celta


• Na reunión, presidida polo alcalde, Valentín Calvín, e a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, tratáronse outros temas relacionados coa seguridade cidadá ou a violencia de xénero.

O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, presidiron esta mañá a Xunta Local de Seguridade para abordar cuestións de seguridade cidadá e protocolos de actuación para o futuro celebrarase no municipio durante o verán.

Ademais de Calvín e Rivas, asistiron representantes da Garda Civil, Policía Nacional, Policía Local, Demarcación de Costas, Protección Civil e a comisión organizadora do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.

No encontro, os presentes trataron temas de seguridade cidadá, repasando a situación actual do municipio; violencia de xénero, ou o dispositivo de seguridade para a gran cita do verán en Ortigueira como é o festival celta.

Respecto deste último, establecéronse bases e pautas mínimas de seguridade para garantir que o evento se desenvolva sen incidentes, baseados na cooperación entre institucións para facer do Festival Internacional do Mundo Celta un espazo totalmente seguro.