O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, reuniuse co novo xefe da Garda Civil na zona de Ferrol, Eume e Ortegal, o capitán Francisco Javier Fernández González.
Nesta xuntanza de traballo, ambos amosaron a vontade das institucións de traballar conxuntamente en beneficio da cidadanía e da súa seguridade.