O concello de Ribeira ven de adxudicar a pavimentación da rúa Lorenzo Mariño na parroquia de Aguiño, cun orzamento de 132.225 euros e un prazo de execución de 2 meses.
A Rúa Francisco Lorenzo Mariño é unha das vías con mais tráfico da parroquia de Aguiño, xa que se trata do principal acceso ao seu porto. Ademáis conta cun bo número de comercios e vivendas en ambas marxes da estrada, polo que é unha rúa moi transitada. Na actualidade presenta un pavimento moi deteriorado, polo que se proxecta a mellora do pavimento mediante o estendido dunha capa de aglomerado e a incorporación de oito pasos de peóns elevados para mellorar a seguridade viaria na rúa, e reducir a contaminación e o ruído.
A actuación, proposta polo actual equipo de goberno xa no ano 2022, incluía a integración dunha plataforma única para eliminar as barreira para as persoas con mobilidade. “É preciso garantir accesibilidade universal para facilitar que todas as persoas poidan moverse libremente e sen obstáculos, prestando especial atención aos pasos de peóns” explicou o alcalde Luís Pérez.