Friday 22 de November de 2024

O Trofeo Concello de Carballo reúne este sábado a máis de 200 promesas do ciclismo do noroeste peninsular


Ademais dos equipos galegos participarán o leonés de Bembibre e a Selección portuguesa júnior féminas

O Trofeo Concello de Carballo reunirá este sábado en Carballo á canteira do ciclismo. A proba organizada polo Club Ciclista Carballo Vázquez y Reino, é unha as catro que puntúan para a Copa Galicia do Porvir, e ten confirmada a presenza dos equipos galegos, do leonés de Bembibre e da Selección portuguesa júnior féminas, polo que se superarán os/as 200 participantes.

A presidenta do Club Ciclista, Vanesa Loureiro; o concelleiro de Deportes, Daniel Pérez, e o alcalde, Evencio Ferrero, presentaron a competición, que se desenvolverá do seguinte xeito:

16:00 horas. Cadetes. Proba en estrada: 52,9 km, con saída da avenida da Milagrosa cara Coristanco – Rus – Carballo (2 voltas) e na 3º volta Coristanco – Rus – Artes e Carballo. Esta proba conta con dous premios especiais: Premio de Montaña en A Pifaina e Premio de Metas Voantes – Panadería Añón.
17.45 horas. Xincana na pista deportiva da Milagrosa
18:00 horas. Alevíns. 5 voltas ao circuíto (5,5 km en total)
18:30 horas. Infantís. 11 voltas ao circuíto (12,1 km)
19:00 horas. Infantís categoría feminina (mínimo 10 participantes). 11 voltas ao circuíto (12,1 km)
19:30 horas. Promesas e principiantes. 1 volta ao circuíto (1,1 km)
20.00 horas. Entrega de trofeos
As probas de escolas disputaranse nun circuíto urbano de 1,1 quilómetros que percorre as rúas Avenida da Milagrosa, Concordia, Montero Ríos, Salvador de Madariaga e Avenida da Milagrosa.

O Club Ciclista Carballo conta coa colaboración de Protección Civil de Carballo e Coristanco, Policía Local de Carballo e Coristanco, Garda Civil e preto de 30 persoas voluntarias. Na folla de ruta que acompaña esta información atoparedes horarios, percorridos e todos os detalles técnicos sobre a proba, que reunirá este sábado en Carballo a máis de 200 mozos e mozas que representan o futuro do ciclismo galego.

Non perdades o espectáculo!