• O executivo recalca que se puxo remedio a “dous anos sen vacacións” do persoal do SAF e ha provisto de roupa específica aos traballadores, entre outros déficits cubertos
• O equipo de goberno recalca que “todas as actuacións axústanse á legalidade, búscase a optimización do traballo e todos os procesos selectivos están dispoñibles” na sede electrónica
O Concello de Ortigueira lamenta o recente escrito emitido polo Comité de Empresa dos traballadores e traballadoras municipais, no que se acusa ao Consistorio de “recortes de dereitos” e “falta de transparencia” nos contratos temporais. Neste sentido, o equipo de goberno quere recalcar que se trata dun “comunicado politizado” e, por tanto, “censurable” ao “mercadear cos dereitos” dos empregados da administración local.
Por unha banda, o goberno local nega que existan tales “recortes”, xa que precisamente desde o inicio deste mandato “empezáronse a recuperar dereitos que se foron perdendo en anteriores etapas”.
Un evidente exemplo é o caso do Servizo de Axuda non Fogar (SAF), xa que “se puxo remedio a dous anos sen vacacións” por parte do persoal. Cabe destacar que esta ausencia de #gozar do dereito de descanso provocou que o Concello de Ortigueira fose sancionado por parte de Inspección de Traballo.
Neste sentido, o actual executivo quere recalcar que, en canto tivo coñecemento do caso, “actuou e estableceu un calendario de libranzas” para que os traballadores e traballadoras do SAF recuperasen os citados períodos de descanso. Así mesmo, coa aprobación do pleno municipal, destinouse unha cantidade importante do POS para poder contratar persoal que cubrise estas ausencias e, así, non prexudicar á cidadanía en canto á prestación do servizo.
Más dereitos
Así mesmo, o equipo dirixido por Valentín Calvín apunta que o Concello ha provisto de roupa específica para o posto de traballo aos traballadores e traballadoras municipais, “algo que facía anos que non sucedía”. A maiores, os traballadores e traballadoras tamén poderán realizarse o recoñecemento médico que posúen como dereito e que nos últimos anos non podían facer efectivo.
Ademais, emendáronse outros problemas de falta material tanto coa Policía Local como co persoal do GES, ademais de paliar as “pingueiras” coas que convivían os axentes. Neste sentido, o goberno local tamén quere recalcar a cesión dun local ao Comité de Empresa, algo do que tamén carecía.
Doutra banda, en canto á compensación de festivos, o Concello de Ortigueira recoñece que na última mesa de negociación, celebrada hai algunhas semanas, si propuxo rebaixar o descanso pola celebración de Santa Rita, xa que considera que dispoñer de tres días libres por un festivo era “excesivo” en comparación coa maioría de municipios galegos.
Máis aló desta cuestión puntual, o goberno local recalca que as condicións dos traballadores e traballadoras municipais son “óptimas”, xa que no seu contrato figuran 35 horas de traballo semanais e 32,5 no verán, “unha cantidade menor á doutros municipios da contorna”. Tamén os 8 días por asuntos propios son un dereito que desde a institución municipal consideran “notable” e que, por suposto, non se tratará de reducir.
En canto á nova Relación de Postos de Traballo (RPT), o Concello de Ortigueira recoñece que é “necesaria” e que “como se está facendo, débese seguir traballando nela para acelerar o proceso”. Con todo, o goberno local lembra que esta problemática “vén de anos atrás” e, por tanto, “non é xusto” culpabilizar en exclusiva ao actual executivo.
Por último, no relativo á transparencia, o Concello de Ortigueira sinala que todas as actuacións que executa en materia laboral “axústanse á legalidade”, co fin de buscar “a optimización do traballo”. Ademais, recalca que “todos os procesos selectivos están dispoñibles na Sede electrónica”.
“Non nos imos a dar golpes no peito por cumprir coas obrigacións que ten un Concello. Pero, desde logo, non podemos deixar pasar este comunicado que se produce, curiosamente, cando o actual equipo de goberno leva 11 meses traballando e despois de non haber pronunciamento público algún nos oito anos anteriores. É moi rechamante”, apunta o executivo.