Friday 22 de November de 2024

Concerto da orquestra sinfónica municipal, o domingo no Parque da Lagoa


A Orquestra Sinfónica da Escola Municipal de Música ofrecerá un concerto no Parque da Lagoa de Mera, este domingo 26 de maio, ás 12.30 horas. Esta actuación contará coa participación do alumnado da Escola Municipal de Danza e do Coro La Tremenda Tremolina.

Será un concerto gratuíto e aberto a toda a cidadanía. Ao longo das vindeiras semanas continuarán organizándose distintos concertos e espectáculos en diferentes espazos públicos do concello.