“Denunciámolo en múltiples ocasións. “manifestou Vanesa Domínguez, concelleiro do PP residente en Perillo.
“Os problemas de contaminación de acuíferos e praias derivan das filtracións e perdas de toda a rede fecais do municipio que ademais corren o risco de mesturarse con augas limpas e de consumo, como adiantou nosa Portavoz, Loli Silva” engadiu.
A reacción da empresa municipal atrasouse varias horas tras a denuncia e un camión resolveu de madrugada o problema
localizado nesta ocasión na rúa Ribeira da Urbanización Oceanía, o xardín de Torre Bescansa.
” Temos que insistir en darlle prioridade absoluta á renovación das redes de auga e rede de sumidoiros, pois con estes episodios tamén son frecuentes o de turbidez das augas de consumo. É unha cuestión de seguridade sanitaria” sentenciou Domínguez.