Friday 22 de November de 2024

Implántase o sentido único no acceso á praia da Lombiña-Cabío


Como xa é habitual por esta época, a Policía local da Pobra do Caramiñal implanta o sentido único de circulación no acceso á praia da Lombiña-Cabío.

O tramo afectado comprende dende a parcela nas proximidades do dito areal ata O Alto de Cabío, ademais da vía que baixa dende o hotel.

A este respecto, o alcalde e titular da Concellaría da Seguridade, José Carlos Vidal, explica que se trata dunha medida que permanecerá operativa ata pasa-lo verán, mediante a sinalización vertical, co obxectivo de acadar maior fluidez do tráfico rodado e incrementa-la seguridade no tránsito peonil por se tratar dunha zona de alta densidade. A maiores, o corpo policial intensificará a vixilancia na zona para o cumprimento desta acción.