‘Historias da maletra’ encheu de diversión, risas e contos a biblioteca de Ordes. A narradora Raquel Queizás, considerada unha das mellores do panorama galego, foi a protagonista deste encontro no que quedou ben claro que moitas veces as diferenzas son o máis importante nas persoas, dando igoal o país ou zona da que se proceda. Nenos, nenas e adultos desfrutaron do lindo con esta nova cita das ‘Tardes de contos e lendas’ que se repetirá o último venres de mes.