Saturday 16 de November de 2024

Rueda avalía con Vegalsa-Eroski os proxectos nos que traballa a compañía para seguir creando riqueza en Galicia


O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado polo conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, reuniuse por primeira vez co novo director xeral de Vegalsa-Eroski, José Manuel Ferreño, con quen avaliou os diferentes proxectos nos que traballa a compañía para seguir creando riqueza en Galicia. No encontro tamén participaron o propietario e anterior director da empresa, Joaquín González, así como o director de Expansión e Franquicias, Pedro Suárez.

Vegalsa-Eroski presentou a semana pasada os seus principais resultados en 2023, así como o seu plan estratéxico para os vindeiros tres anos. Segundo os datos da compañía, esta incrementou preto dun 19% o seu investimento en compras a provedores locais o ano pasado, ata alcanzar os 539 millóns de euros.