• A alcaldesa de Cariño, Ana María López, mantivo unha reunión co director da Autoridade Portuaria, Jesús Casas, para abordar a situación
• Na zona hai varias casas e un negocio hostaleiro que, con este servizo, melloraría notablemente habitabilidade e traballo
A alcaldesa de Cariño, Ana María López, mantivo unha reunión co presidente de Portos de Ferrol, Jesús Casas, para abordar a solicitude da cesión dos terreos no lugar de San Xiao. Con esta cesión, o Concello pretende facerse cargo dunha área por onde pasa a rede eléctrica e, así, poder realizar as actuacións necesarias que permitan levar a luz ao lugar.
Na localización, onde todos os anos realízase a Romaría de San Xiao, atópanse varias casas e un negocio de hostalería que carecen deste servizo, algo que dificulta notablemente a habitabilidade da zona.
Os terreos por onde transcorre a rede eléctrica teñen un total de 47 postes, que forman parte da rede que une o núcleo de Cariño co Faro Ortegal, pero pertencen á Autoridade Portuaria. Para poder facer efectivo ese servizo, é indispensable que o tendido eléctrico da zona pase a ser de titularidade municipal.
Anteriormente, este tendido daba servizo ao Faro de Cariño. Como desde fai xa bastantes anos a instalación é autosuficiente ao servirse de placas solares para funcionar, o cableado en cuestión leva anos sen ser utilizado.
Desde hai uns meses, unha parte do tendido eléctrico atópase en malas condicións, e a maleza situada no lugar dificulta gravemente o acceso ao sitio para poder reestablecer a conexión.
En vistas desta situación, o Concello de Cariño acaba de solicitar de maneira formal á Portos de Ferrol, en primeiro lugar, a roza dos terreos e, en segundo lugar, a cesión dos mesmos para poder levar o servizo de iluminación ás casas e negocios da zona.
Segundo indica a alcaldesa, Ana María López, “consideramos fundamental que esta zona poida ter acceso a un servizo básico como o da luz, para que os veciños e veciñas poidan instalarse nese lugar de forma definitiva e, ademais, o negocio existente poida desenvolver a súa actividade de forma correcta”.
A rexedora indicou que “se conseguimos que esta zona teña acceso a este servizo, é máis probable que no futuro aséntense máis familias na zona, incrementando a poboación no municipio”.