Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro participaron sobre as 00:00 horas de hoxe nun operativo dirixido á limpeza da estrada AG-11, á altura do punto quilométrico 17, en dirección a Ribeira, ao seu paso polo concello de Rianxo.
A incidencia foi ocasionado polo atropelo a un xabaril, a cal involucrou a dous vehículos. A colisión provocou que os automóbiles implicados vertesen unha mancha de 500 metros, sendo demandados os bombeiros para a súa limpeza.
No operativo tamén participaron a Garda Civil de Tráfico de Santiago, voluntarios de Protección Civil de Rianxo e persoal de mantemento da estrada.