Os bombeiros de Parque Comarcal de As Pontes foron requeridos na tarde de hoxe, luns 26 de maio, para participar na excarceración dunha persoa que sufriu un accidente na autovía A-8, ao paso da vía polo municipio de Vilalba.
O operativo desenvolveuse xunto aos bombeiros de Vilalba, e consistiu na excarcelación dunha persoa que quedou atrapada dentro do seu vehículo, logo de que un camión volcara enriba do mesmo.
Os bombeiros extinguiron o lume e rescataron á persoa involucrada na incidencia, que foi trasladada posteriormente ao hospital.