Thursday 21 de November de 2024

O Pleno do Concello de Neda aproba unha moción contra a implantación de Altri en Palas de Rei


O Concello de Neda aprobou na sesión plenaria deste mediodía unha moción, impulsada polos nacionalistas, en contra da instalación da planta de celulosa de Altri en Palas de Rei (Lugo), dado o seu forte impacto ambiental territorial, e socioeconómico. O acordo adoptado chega un días despois da multitudinaria manifestación coa que a comarca de Ulloa dixo non á factoría.

A moción, que saíu adiante co apoio da maioría absoluta da Corporación local, acorda solicitar ao goberno galego un posicionamento contrario ao proxecto, e o impulso de iniciativas para un desenvolvemento sostible da comarca na que se pretende instalar a planta. O BNG aludiu á “falta de transparencia e enganos” cos que se realizou a tramitación dese proxecto que “nin é sostible nin é exemplo de economía circular”.

A moción debatida prosperou cos votos a favor do grupo de goberno, do BNG e de Moveneda, optando os dous edís do PP pola abstención.