Thursday 21 de November de 2024

As présas de Calvelo ante a cuestionada venda da parcela de Bombeiros en Arteixo


A finca non podía ser vendida ao estar previamente asignada aos Bombeiros no convenio en vigor

As présas do alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, para asinar un novo convenio coa Deputación sobre o parque de Bombeiros ten relación coa venda da parcela na que se ubicaba, asignada ao anterior convenio coa Deputación.

Tanto a Deputación como o Consorcio de Bombeiros víronse na obriga de xudicializar o asunto, xa que a finca non podía ser vendida ao estar relacionada con este convenio.

Esta venda ilegal pode acarrexar graves consecuencias para o alcalde, incluso penais. As presas que ten para asinar un novo convenio coa Deputación parecen estar relacionadas co proceso xudicial en marcha. Segundo manifestou o presidente da Alternativa, Ángel García Seoane, “as présas de Calvelo tiña que demostralas antes de vender ilegalmente un patrimonio do que non podía dispoñer”.