Os bombeiros do parque comarcal provincial de Arzúa foron alertados ás 23:33 horas de onte, domingo 26 de maio, dun incendio que afectou a un fogar no lugar do Castro, na parroquia de San Miguel de Cerceda, no Concello do Pino.
O lume ocasionouse no baixo do domicilio, tendo como foco inicial uns enseres alí gardados. A incidencia só ocasionou danos materiais e o operativo consistiu na extinción do lume e no arrefriamento da estancia.
No operativo tamén participou a Garda Civil.