Friday 22 de November de 2024

O Concello recoñece os logros do Clube Natural Sport de Ribeira


O Concello de Ribeira organizou onte unha acollida ao club Natural Sport, en recoñecemento aos seus destacados logros nos campionatos galegos de 2024.

O acto tivo lugar no salón de plenos do Concello, onde estaban presentes o alcalde de Ribeira, Luís Pérez, o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta e o concelleiro Fernando Abraldes.

Por primeira vez na historia, un clube é campión nos catro torneos oficiais galegos; nas categorías cadete, junior, sub 21 e absoluto. Ademáis, esta pasada fin de semana, Irene Montemuiño e Lois Tomás acadaron ouro e bronce respectivamente no Campionato de España Universitario de Taekuondo.

Os membros do equipo de goberno parabenizaron a todo o equipo pola súa dedicación e esforzo, así como pola promoción de valores esenciais como a disciplina, o respecto e a resiliencia. “Grazas a clubes como Natural Sport, podemos ofrecer aos nosos mozos a oportunidade de medrar nun ambiente saudable e motivador.” destacou o alcalde Luís Pérez, quen agasallou ao equipo cunha peza de cerámica galega un diploma.