Friday 22 de November de 2024

Arranque en Neda da novena etapa do Camiño do Mar Concello a Concello


A Asociación de Amigos del Camino del Mar iniciaba este domingo a primeira hora en Neda a novena etapa da súa peregrinación “Concello a Concello 2024”. O alcalde, Ángel Alvariño, e concelleiras de Turismo e de Deportes, Marián Bello e Ángeles Puentes respectivamente, selaban no albergue de peregrinos de Xuvia as credenciais do grupo de romeiros/as antes do comezo da camiñada duns 16,7 KM ata chegar a Pontedeume.

Participaron tamén na saída o bispo de Mondoñedo-Ferrol, Monseñor Fernando García, que daba a bendición ao grupo de participantes, o delegado de peregrinaciones, Chema Pérez, e Carlos Miranda, responsable Carlos Miranda responsable de evanxelización, patrimonio e museos.

Neda é o punto de intersección entre o Camiño do Mar, que ven dende Ribadeo pola Mariña lucense, Ortegal e Ferrolterra e que se pretende promocionar con esta iniciativa, e máis o Camiño Inglés a Santiago.