Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Cee foron avisados ao redor das 18.00 horas para acudir a unha vivenda, no Concello de Muxía, despois de que os familiares dun octoxenario alertasen da súa desaparición. Os familiares denunciaron que non sabían nada desta persoa desde o mércores polo que os bombeiros accederon por unha fiestra ao domicilio. Unha vez dentro atoparon ao desaparecido falecido no seu dormitorio, S.F.B, de 88 anos de idade.
Na intervención participaron tamén os voluntarios de Protección Civil de Muxía, a Policía Local de Muxía, Sanitarios do 061, e axentes da Garda Civil de Corcubión.