Hugo Souto e Karyna Yevtushenko foron os vencedores do XXXIV Tríatlon Concello de Oleiros, celebrado esta tarde en Mera. Os 200 deportistas das categorías júnior, xuvenil, sub 23, absoluto, veterano 1, veterano 2 e veterano 3 completaron 750 m de natación, 21 km de bicicleta e 5,5 km de carreira a pé.
A proba contou cunha grande afluencia de público e desenvolveuse con normalidade, sen rexistrarse ningunha incidencia destacable.