Friday 22 de November de 2024

Ambar celebrou o Día das Familias  no seu Centro de Recursos 


A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional celebrou o día Día das Familias  coma cada ano, mais nesta ocasión a celebración tivo lugar no seu Centro de Recursos. As  familias, amigos, colaboradores e persoas voluntarias puideron ver o que se leva a cabo no  día a día e as persoas usuarias de Ambar encargáronse de amosar o que levan a cabo en  

cada un dos obradoiros. 

Durante a xornada leváronse a cabo diversas actividades. Ademais de poder coñecer as  instalacións, os obradoiros e a metodoloxía de traballo, as persoas asistentes tamén  desfrutaron das exhibicións dos grupos de Taekwondo e Boxeo de Ambar ,dun obradoiro de  de baile a cargo de Taller Alecrín, unha competición de merengue e pasodoble e unha  exibición de Linedance e Baile Social

A celebración rematou cun aperitivo e o discurso de peche de Milagros Rey agradecendo a  tódalas persoas asistentes pola súa asistencia e apoio neste evento tan especial. Tamén dou  gracias a colaboradores e voluntarios, especialmente a Alicia Agrelo e Clara Millares,  adestradoras do equipo de Taekwondo e de Boxeo de Ambar. 

A presidenta de Ambar tamén animou a todo o mundo a inscribirse na Carreira pola  Diversidade “Este ano é o décimo aniversario e esperamos que tamén nos acompañedes en  familia, xa que hai categorías dirixidas a tódolos públicos”. As inscricións do evento que terá  lugar o 14 de xullo na Explanada de Coroso, están abertas na páxina de Cronotec.