Friday 22 de November de 2024

Incendio nun vehículo estacionado nun aparcadoiro público, no Concello de Ribeira


Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro foron alertados ao redor das 23:30 horas da noite de onte, venres 24 de maio, dun incendio nun vehículo estacionado na Rúa 1 Cubeliño, no Concello de Ribeira.

Na chegada ao lugar, un aparcadoiro público situado a carón dun supermercado, os operarios atoparon unha furgoneta isoterma que estaba afectada polo lume na zona do motor e cabina. Ademais, este lume comezaba a empezar a afectar á caixa.

Unha vez extinguido o lume que afectaba ao motor e á cabina, os bombeiros procederon a abrir a caixa de carga facendo uso do equipo de excarcelación para comprobar que, efectivamente, non existía máis lume. Tras o arrefriado, os operarios comprobaron coa cámara térmica o vehículo como último paso antes de dar por rematada a intervención.

Completaron o operativo a Policía Local de Ribeira, a Policía Nacional de Ribeira e o GAEM de Ribeira.