Friday 22 de November de 2024

Aprobada a oferta de emprego público do Concello de Carballo para o 2024, cun total de 54 prazas


A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión ordinaria deste luns a oferta de emprego público do Concello de Carballo para o ano 2024. A oferta inclúe un total de 54 prazas, que se distribúen do seguinte xeito:

 

Persoal funcionario de carreira: 17 prazas

  • 1 oficial de Policía Local (promoción interna)
  • 3 axentes da Policía Local (mobilidade)
  • 5 axentes da Policía Local (acceso libre)
  • 1 técnico medio Oficina Técnica Municipal (promoción interna)
  • 1 arquitecto técnico (libre)
  • 5 administrativos (promoción interna)
  • 1 técnico de información turística (acceso libre)

 

Persoal laboral fixo-discontinuo: 33 prazas

  • 1 auxiliar de policía (acceso libre)
  • 4 coordinadores socorristas para as praias (acceso libre)
  • 28 socorristas para as praias (acceso libre)

 

Persoal laboral fixo a tempo parcial para o Conservatorio Profesional de Música: 4 prazas

  • 1 profesor de trompa
  • 1 profesor de violoncello
  • 1 profesor de linguaxe musical
  • 1 profesor de acordeón