Xa temos comisión de festas! Hoxe, co acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local, quedou oficialmente constituída a comisión organizadora do San Xoán 2024, na que están integrados o Concello de Carballo e a Asociación Cultural San Xoán.
En representación desta última forman parte da comisión Sergio Varela Fuentes, presidente; Gustavo Lorenzo Pena, secretario; José Antonio Deus Antelo, Mª Carmen Pacoret Rey e Roberto Rancaño Lagoa, como vogais, e María Ascensión Vázquez Nértoa, Alejandro Nogueira Carral, Mónica Gerpe Galindo, Iván Blanco Martínez, e Óscar Álvarez Pose, como colaboradores.
O Concello de Carballo, pola súa banda, está representado por Maruxa Suárez Cotelo, concelleira de Cultura e Festas, e Carmen Castro Pombo, xefa do servizo de Cultura.
As festas de San Xoán celebraranse do 19 ao 30 de xuño, cunha chea de actividades que se darán a coñecer nos vindeiros días. Esta semana tamén presentaremos o cartel!