Friday 22 de November de 2024

Aberto o prazo de inscrición para os campamentos deportivos organizados pola Deputación da Coruña


Os campamentos deportivos de verán, organizados pola Deputación provincial da Coruña, están destinados a nenas e nenos empadroados no concello e nacidos entre o 1 de xaneiro de 2010 e o 31 de decembro de 2015.

Deportes náuticos, actividades ao aire libre, xornadas de praia, actividades no centro, visitas culturais, deportivas e etnográficas ou xogos para fomentar a comunicación e intercambio de experiencias son algunhas das actividades que se desenvolverán no campamento que terá lugar entre o 14 e 19 de xullo

O prazo de inscrición nos campamentos finaliza o 28 de maio de 2024. Para obter máis información e formalizar as inscricións, as persoas interesadas deberán poñerse en contacto co Departamento de Deportes do Concello de Oleiros sito no Centro Cultural A Fábrica (Perillo) ou no teléfono 981 610000.