Os bombeiros do parque comarcal provincial de Ribeira foron alertados ao redor das 18:15 horas de onte, domingo 19 de maio, dunha saída de vía á altura do punto quilométrico 81,5 da estrada AC-550, á altura da parroquia de Miñortos, no Concello de Porto do Son.
A incidencia foi ocasionada por un vehículo que saíu da vía, batendo contra un poste eléctrico. O coche estaba ocupado por tres ocupantes e ningún deles precisou ser liberado do interior.
O poste e os cables atopábanse fora da vía polo que non supoñían ningún risco para o tráfico rodado. O operativo consistiu na recollida das partes do vehículo desprendidas no accidente e no corte das varillas do poste, por petición da empresa responsable do alumeado público.
No operativo tamén participaron o 061 de Noia, a Garda Civil de Santiago e voluntariado de Protección Civil de Porto do Son.