Friday 22 de November de 2024

O Concello reclamará á Xunta as deficiencias que alertan os traballadores da Residencia pública de maiores


Representantes dos traballadores da Residencia Asistida de Maiores de Oleiros, de titularidade da Xunta de Galicia, reuníronse co alcalde Ángel García Seoane para trasladar diversas deficiencias que se están a dar no centro e na atención ás persoas maiores. O Concello reclamará á Xunta a súa inmediata subsanación para a mellora deste servizo público.

Segundo os traballadores, existe unha importante falta de persoal, especialmente en enfermería e limpeza. Tamén alertan de que se está a mesturar persoas con problemas psiquiátricos con grandes dependentes. Por outro lado, a nivel material, o edificio presenta un importante deterioro.

“É unha residencia pública no noso municipio e nós temos tanto interese como os traballadores en que iso funcione á perfección. Por iso, reclamaremos á Xunta de Galicia o que me expuxeron para que se lle poña unha solución o antes posible”, comentou o alcalde.