Entre os días 4 e 8 de febreiro celebrarase a edición anual desta cita turística á que Turismo de Galicia acode para expoñer as principais novidades de comercialización do destino Galicia
O Salon des Vacances da capital belga celebra este ano a súa 58 edición como un dos certames turísticos máis importantes do norte de Europa e contará como en anos anteriores coa presenza da oferta turística galega a través dun espazo de promoción no que participará Turismo de Galicia.
Así, entre os días 4 e 8 de febreiro, o recinto feiral Brussels Expo acolle o stand de Turespaña onde Turismo de Galicia promoverá a oferta turística da comunidade.
Os visitantes deste certame no espazo galego adoitan ser viaxeiros que planifican e organizan individualmente as súas vacacións, programando estadías de entre sete e quince días.
Tamén a marca España Verde está moi consolidada neste mercado e un gran numero de viaxeiros belgas percorren as comunidades que a conforman, iniciando o seu percorrido no País Vasco e rematando na nosa comunidade.
Visitantes dos Países Baixos
Os establecementos hoteleiros de Galicia incrementaron os seus procedentes dos Países Baixos incrementouse no 2015 nun 30% a cifra de viaxeiros aloxados e nun 21% o nivel de pernoitas hoteleiras de 2014.
Con algo máis de 31.000 viaxeiros e preto de 49.000 pernoitas, este mercado representa o 2,7% do total internacional en 2015.
A estadía media dos viaxeiros de Países Baixos sitúase en 1,56 noites de media dentro dos hoteis e pensións da comunidade.