Friday 22 de November de 2024

En galego porque si


No Concello de Carballo queremos que o Día das Letras Galegas sexa todos os días do ano, e por iso desde o departamento de Normalización Lingüística lanzamos a todo o persoal -político, técnico e administrativo- o reto de presumir de lingua. E o resultado é a iniciativa “En galego porque si”, que nos compromete co uso e a promoción da nosa lingua. A todos e todas, empezando polo alcalde, Evencio Ferrero, que loce con orgullo a súa chapa vermella.

Esta foto publicámola onte, Día das Letras Galegas, nas redes sociais. Cada día imos sacar a un ou varios traballadores e políticos do Concello coa chapa vermella que leva o lema da campaña: “En galego porque si” (baseada no famoso poema de Celso Emilio Ferreiro)