O mercado municipal de Aguiño volverase a celebrar tódolos luns en horario de 7 a 3 da tarde, dende o 27 de maio ata o 16 de setembro na rúa Castelao.
O mercado contará con postos de venda de froitas, verduras e produtos textís. A reanudación do mercado non só pretende facilitar o acceso a produtos frescos e saudables, senón tamén apoiar aos produtores e comerciantes locais, promovendo así un consumo máis sostible e local.
“Non só se trata de fomentar a venta local, se non tamén de crear un espazo onde os residentes poidan interactuar, un punto de encontro para a comunidade” explica Vicente Mariño, tenente de alcalde e concelleiro de Mercados Municipais.