● Prestarán servizo nas praias do municipio entre o 15 de xuño e o 14 de setembro.
● O prazo para presentar as candidaturas finaliza o vindeiro mércores, 29 de maio.
O Concello de Miño publicou as bases que rexerán a convocatoria de contratación de dez socorristas para afrontar a tempada de verán nas praias do municipio. O contrato, a xornada completa, estenderase desde o 15 de xuño ata o 14 de setembro de 2024.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o vindeiro mércores, 29 de maio. Para participar no proceso, os aspirantes deben estar rexistrados no Rexistro Profesional de persoal socorrista, información e primeiros auxilios de Galicia e presentar no Rexistro Xeral do concello ou na sede electrónica a documentación necesaria.