Friday 22 de November de 2024

Rescatada unha persoa que caera nas proximidades do río Vilacoba, no Concello de Noia


Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro participaron ao redor das 19:30 horas de onte, xoves 23 de maio, nun operativo dirixido ao rescate dunha persoa que caeu nun burato nas proximidades do río Vilacoba, no concello de Noia.

A persoa xa fora extraída do burato á chegada dos bombeiros polo que a intervención consistiu na axuda ao persoal sanitario para mobilizar a padiola e trasladar á persoa ao centro de saúde de Noia.

Completaron o operativo a Policía Local de Noia, a Garda Civil de Porto do Son e o GES de Noia.