Ás obras da avenida deben acompañar solucións para os baixos baleiros e para o aparcamento de residentes.
Para o Partido Popular de Oleiros é o momento de avanzar en todas as frontes que o tempo mantén abertos na que foi a zona máis coñecida do municipio.
” A remodelación en marcha da avenida, coa limpeza de viais e beirarrúas e a renovación de mobiliario e servizos, debe alcanzar ao resto das rúas que desembocan nela, dando a maior homoxeneidade á zona no seu conxunto.” manifestou Dolores Silva, Portavoz Municipal do PP.
Ademais, o Partido Popular insiste en que é urxente dar unha saída aos locais que permanecen baleiros e con poucas ou ningunha posibilidade de regreso á actividade.
“Á marxe de cuestións estéticas e de imaxe, o estado dalgún destes espazos é preocupante en aspectos de salubridade pública. ”
Doutra banda, para o PP é necesario dar preferencia ao aparcamento en superficie aos residentes, buscando alternativas para os visitantes, especialmente en época estival.
” Se Gelo non quere cumprir os convenios que asina en materia de transporte público para potenciar este medio de acceso á zona en lugar do coche particular, que expoña outras alternativas viables porque, en definitiva, o problema creouno el ” sinalou.
O Grupo Municipal Popular exporá estás cuestións no próximo pleno.