A chuvia obriga a facer cambios na programación para esta fin de semana ao abeiro do Maio das Letras Galegas 2024 impulsada pola Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal.
Na xornada de mañá, 17 de maio, Día das Letras Galegas, unicamente terá lugar a animación de rúa na sesión vermú a cargo de Tanto Nos Ten.
A maiores, adíase a actividade dirixida para as crianzas que estaba artellada para o sábado 18. A nova data é o venres 24, en horario de 17.00 a 20.00 horas, no parque do Castelo. Alí haberá xogos tradicionais e obradoiros de chapas e marcapáxinas.