Saturday 16 de November de 2024

O Concello abre o prazo de preinscrición para os campamentos municipais de verán


As persoas interesadas poderán facer as súas solicitudes do luns 20 ao mércores 22 de maio preferentemente online

Un ano máis, o Concello da Coruña pon en marcha o proceso de solicitude dos campamentos municipais de verán, unha iniciativa do Goberno de Inés Rey para facilitar a conciliación das familias coruñesas durante os meses de vacacións escolares e para que os nenos e nenas da cidade poidan gozar de actividades deportivas, de lecer e de aire libre.

Todos os campamentos ofrecen prazas para nenos e nenas con necesidades especiais. O prazo para realizar as solicitudes ábrese o vindeiro luns, día 20 de maio, e finalizará o mércores día 23. As solicitudes faranse en liña na páxina web www.coruna.gal/campamentos2024, onde estarán os formularios de inscrición e toda a información relativa ás distintas modalidades de campamentos.

O calendario de inscrición e o seguinte:
∙ Preinscrición: 20, 21 e 22 de maio
∙ Publicación listaxes de menores preinscritas/os: 31 de maio
∙ Subsanacións: 31 de maio, 1* e 3 de xuño
*Só para campamentos urbanos nos centros cívicos, de día e de pernoita ∙ Sorteo das prazas: 5 de xuño
∙ Publicación de listaxes de admitidas/os: 11 de xuño nas webs municipais ∙ Abono das cotas: do 11 ao 17 de xuño
∙ Chamadas a lista de espera: a partir do 18 de xuño.
As e os menores participantes deberán cumprir os requisitos específicos dos campamentos nos que se inscriban e para a obtención de praza terán preferencia os/as menores empadroadas/os no Concello da Coruña e aquelas/es cuxos proxenitores estean ambos traballando, ou teletraballando no caso de familias monoparentais.

Listaxe de campamentos municipais do 2024

Campamentos urbanos nos centros cívicos
Destinatarios: nenas e nenos nados do 1/01/2012 ao 31/12/2020.
Datas: do 1 de xullo ao 10 de setembro en 5 quendas.
Horario: de luns a venres en horario de mañá.
Prezo: entre 26 e 32 euros.
2.250 prazas

Campamentos de día
Destinatarios: nenas e nenos nados do 1/01/2012 ao 31/12/2020.
Datas: do 1 de xullo ao 30 de agosto en 4 quendas .
Horario: de luns a venres de 10.00 a 18.00 horas.
Prezo: 85 euros.
416 prazas

Campamentos tradicionais de pernoita
Destinatarios: rapaces e rapazas nados do 1/01/2008 ao 31/12/2016.
Datas: do 2 de xullo ao 28 de agosto en 4 quendas de 7 días
Prezo: 85 euros.
180 prazas

Campamentos deportivos
Destinatarios: nenas e nenos nados do 1/01/2012 ao 31/12/2018.
Datas: do 1de xullo ao 30 de agosto en 4 quendas.
Horario: de luns a venres en horario de mañá.
Prezo: 48,18 euros.
480 prazas

Campacoles
Destinatarios: Escolares matriculadas/os nos CEIPS do Concello da Coruña no actual curso 23/24.
Datas: do 25 de xuño ao 31 de xullo en 3 quendas.
Horario: de luns a venres en horario de mañá.
Prezo: 16 a 40 euros.
1.215 prazas

Summer talk
Destinatarios: escolares matriculados nos cursos 1º a 6º de Educación Primaria e 1º a 3º ESO en centros públicos do Concello da Coruña no curso 23/24.
Datas: Do 25 de xuño ao 26 de xullo en 5 quendas.
Horario: de luns a venres en horario de mañá.
Prezo: 16 a 20 euros.
225 prazas.

Campamentos do Fórum e do Ágora
Destinatarios: nenas e nenos nados do 1/01/2012 ao 31/12/2020. Datas: do 25 de xuño ao 30 de agosto en 5 quendas.
Horario: de luns a venres en horario de mañá.
Prezo: entre 35 e 45 euros.
1.350 prazas

Campamentos de mocidade
Destinatarios: Mozas e mozos de 12 a 17 anos (nados entre 2007 e 2012).
Datas: xullo en 2 quendas de 9/10 días.
Horario: De luns a venres en horario de mañá.
Prezo: Gratuíto.
100 prazas

Escola de verán da OMIC
Destinatarios: Nenas e nenos nados do 1/01/2014 ao 31/12/2020. Fechas: do 1 ao 31 de xullo.
Horario: de luns a venres en horario de mañá. Prezo: Gratuíto.
80 prazas

Máis información en www.coruna.gal/campamentos2024